Buscar este blog

miércoles, 28 de noviembre de 2018

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O día 16 de outubro reunímonos o clube de lectura "Mendebiblos", para dar a benvida aos novos compoñentes do mesmo. Tras completar unha ficha, onde explicaron a súa motivación para pertencer a este clube así como as súas  preferencias lectoras, decidimos o libro que imos ler este trimestre e comunicamos aos membros do club o calendario das reunións previstas para este curso.
A nosa lectura para este trimestre é: Si es amor, no duele, de Pamela Palenciano.






                          

 SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB
 
O martes 27 de novembro  fixemos a segunda reunión do club para comentar o libro, Si es amor, no duele. No libro abórdase o tema do machismo e da violencia de xénero explicado dun xeito moi cercano pola autora Pamela Palenciano, pois narra a súa experiencia nunha relación de maltrato que durou toda a súa adolescencia. Analiza con profundidade a idea do amor romántico e como é que nos afectan os roles de xénero, por qué os homes compiten por todo e que ocorre coa princesa despois de escapar da torre co seu príncipe azul.
O libro gustou moito e todos estivemos de acordo en que é una temática moi actual e que non hai que mirar moi lonxe para atopar comportamentos como os relatados no libro, que non só debemos considerar violencia os golpes físicos, tamén é violencia os insultos, os menosprecios, os sometementos ó poder do home etc.
Tamén abordamos os mitos do amor romántico, como a muller é educada para esperar ó seu príncipe azul, como os celos enténdense como mostra de amor e como se ensina ás mulleres a competir entre elas . Concluímos que a educación é fundamental para superar e anular estas situación, para que as vítimas sexan capaces de ver que  a culpa  non é súa e que o problema non está nelas.






Na reunión decidimos tamén a nosa próxima lectura
 
 
 
                                    Rapazas do club, botándole unha ollada ao libro
 




jueves, 10 de mayo de 2018

UNHA NOVA EXPERIENCIA

 Por primeira vez o noso centro participou nas Tertulias Literarias en galego e en castelán que organizan a Concellería de Educación e a Deputación de Ourense.

 Nesta ocasión, o libro escollido para as tertulias en galego foi a novela Izan o da saca, obra de Xabier Quiroga e para as tertulias en castelán o libro foi Rendición, de Ray Loriga.

Os debates en galego tiveron lugar os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febrero e os días 25 e 26 de abril e o 3 de maio tiveron lugar as tertulias en castelán . O último día contouse, ademais, coa presenza dos autores dos libros . O lugar das reuniones foi o Liceo de Ourense.

Concello e Deputación facilitan, ademais, os exemplares dos libros aos centros participantes. Nesta ocasión foron 11 centros de Ourense e da provincias os que participaron.

 A valoración destas tertulias é moi positiva pois todos enriquecémonos das diferentes impresións e achegas que fan os outros e  permiten  desenvolver habilidades sociais como a lectura, a expresión, o respecto ás opinións dos outros e ademáis entre  os adolescentes supéranse vergonzas e medos, etc.
















miércoles, 9 de mayo de 2018

A NOSA PRÓXIMA LECTURA


O xoves, 3 de maio, fixemos a penúltima reunión do club de lectura, para comentar Vida de este chico . Nesta obra Tobias Wolff narra os seus recordos de neno e adolescente, cando, divorciados os seus pais, percorría coa súa nai,  as estradas de Estados Unidos dun lado a outro do país.
Deixando de lado o dramatismo, a obra fai un retrato da propia familia de Wolff e de toda unha época, 
A opinión xeral do club foi que a trama non terminou de enganchar o suficiente e nalgunhas ocasións era demasiado lenta, pero o libro está escrito con escrupulosa crudeza e realismo e  precisamente pensamos que é o estilo o que salva a novela:  dinámico, veloz, lixeiro, vivo. E grazas ao estilo, e ás numerosas anécdotas que conta, tamén consegue que o protagonista cáianos moi ben. A golpe de fracaso, pero afrontándoo con optimismo, Wolff consegue mellorar e madurar. 

Nesta reunión decidimos, ademáis, ler un libro de poesía recomendado pola nosa compañeira de galego, Ana González. O libro titúlase Penúltimas tendencias de Carlos Negro.





jueves, 22 de marzo de 2018

miércoles, 7 de febrero de 2018


A NOSA PRÓXIMA LECTURA







O Xoves 1 de febreiro fixemos a reunión do club de lectura para comentar o libro El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares. En xeral o libro gustou, pero houbo variedade de opinións xa que a algúns encantoulles mentres que nalgún caso, e debido a que non lles gusta este tipo de literatura, o libro non enganchou.

Na reunión decidimos tamén a próxima lectura que será: Vida de este chico de Tobías Wolff.

                                 FOTOS DA TERCEIRA REUNIÓN