O xoves 27 de novembro fixemos a reunión para comentar a obra Nubes de Kétchup, de Annabel Pitcher.
Esta lectura provocou opinións variadas e contrapostas. Mentres que algúns membros do club consideraron que a novela é de fácil lectura e o argumento engancha, a outros resultoulles difícil mesmo rematala, tachándoa de empalagosa e con final previsible. Non hai que esquecer que a historia está contada por unha adolescente, polo que resulta xa de entrada máis atraente para o sector do alumnado que para os adultos. E aínda entre os alumnos, vimos como ese triángulo amoroso que relata causa máis fascinación nos membros femininos.
A situación dunha adolescente, chea de culpa e na procura de expiación, que lle escribe cartas a un preso no corredor da morte non pode deixar indiferente a ninguén, sen importar a idade do lector. Sempre está ben ler libros que nos fan pensar e que suscitan debate. Neste sentido, Nubes de Kétchup cumpriu ese obxectivo.
Aquí vos deixamos unhas fotos da reunión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario