Buscar este blog

jueves, 27 de marzo de 2014

El CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE, DE MARK HADDON

   O libro que imos ler agora é O curioso incidente do can a medianoite, do escritor británico Mark Haddon. Dispoñemos da súa versión orixinal en inglés e as traducións en galego e castelán. Pareceunos unha boa elección, xa que foi o máis lido no curso pasado por outros clubs.

    Esta obra conta a historia de Christopher, un rapaz de 15 anos de idade que vive en Swindon, no Reino Unido. A súa vida está marcada por un trastorno que el padece, e que estaría enmarcado dentro do amplo espectro do autismo. E vai ser o propio Christopher o que nos conte a súa vida. 

   Trátase dunha historia sobre as distintas maneiras de percibir a realidade.  Seguro que Christopher nos vai facer reflexionar co seu relato.




COMENTAMOS CARTAS DE INVERNO

      O día 25 de marzo fixemos a reunión do club de lectura para comentar o libro Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. O que máis nos chamou a atención desta novela é o ben escrita que está a historia. O escritor crea unha atmósfera de terror e case angustia dun xeito maxistral. A algúns dos membros do club esta lectura fíxolles desexar coller o coche e ir ata os lugares ben coñecidos que o autor describe, para atopar esa famosa casa. 
      Iso sí, o final aberto da novela foi motivo de discusión. Para algúns lectores ese final supuxo unha pequena decepción, mentres que para outros lles deu a oportunidade de exercitar a súa imaxinación. Ben sabido é que para gustos se pintan colores. 
      O importante é gozar da lectura, e con esta obra conseguímolo unha vez máis.