Buscar este blog

viernes, 7 de febrero de 2014

POSTA EN COMÚN DE A PRAIA DOS AFOGADOS

Chegou o momento de reunirnos para comentar A praia dos afogados, de Domingo Villar. Esta novela tivo unha acollida excelente no noso club de lectura. Algúns membros leron Ollos de auga en primeiro lugar, por recomendación dos membros do club que xa leran a primeira entrega desta novela negra. 

Encantounos como está trenzada a historia; os lugares galegos onde teñen lugar os feitos e que son tan recoñecibles pola maioría; a idea moi orixinal de escribir as definicións dunha palabra ao comezo de cada capítulo e despois usar esa palabra de xeito que todos a buscabamos cando liamos; o desenvolvemento dos personaxes, especialmente o inspector Leo Caldas e o seu axudante aragonés. Que dificil debe resultar para alguén de fóra de Galicia entender ás veces a nosa maneira de contestar con outra pregunta!

Non hai dúbida que recomendamos a lectura desta obra e esperamos que Domingo Villar nos deleite axiña cunha terceira entrega. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa reunión.





No hay comentarios:

Publicar un comentario