Buscar este blog

viernes, 7 de febrero de 2014

CARTAS DE INVERNO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Aproveitamos a reunión do club para elixir a nosa seguinte lectura: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. 

A trama desta historia xira en torno ao escritor Xabier Louzao, que volve a Galicia tras unha larga estancia en Quebec. Á súa volta atopa as cartas que o seu amigo Adrián, un famoso pintor, lle foi enviando durante a súa ausencia. Nesas cartas Adrián fálalle entusiasmado da súa nova casa que reformou completamente. Pouco a pouco o ton das cartas vai adquirindo unha inquietude que desemboca en terror manifesto ante os acontecementos que acontecen na mansión. Xabier toma a decisión de acudir na axuda do seu amigo... 

E agora... a  gozar desta novela de terror!!!









POSTA EN COMÚN DE A PRAIA DOS AFOGADOS

Chegou o momento de reunirnos para comentar A praia dos afogados, de Domingo Villar. Esta novela tivo unha acollida excelente no noso club de lectura. Algúns membros leron Ollos de auga en primeiro lugar, por recomendación dos membros do club que xa leran a primeira entrega desta novela negra. 

Encantounos como está trenzada a historia; os lugares galegos onde teñen lugar os feitos e que son tan recoñecibles pola maioría; a idea moi orixinal de escribir as definicións dunha palabra ao comezo de cada capítulo e despois usar esa palabra de xeito que todos a buscabamos cando liamos; o desenvolvemento dos personaxes, especialmente o inspector Leo Caldas e o seu axudante aragonés. Que dificil debe resultar para alguén de fóra de Galicia entender ás veces a nosa maneira de contestar con outra pregunta!

Non hai dúbida que recomendamos a lectura desta obra e esperamos que Domingo Villar nos deleite axiña cunha terceira entrega. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa reunión.