O día 14 de novembro fixemos a posta en común da nosa primeira lectura do
curso, que resultou todo un éxito. En La
nieta del Señor Linh Philippe Claudel transpórtanos a un país do que non sabemos
o nome, pero que podería ser calquera. Escapando dunha guerra, o señor Linh
chega a un lugar estraño onde non entende nin a lingua nin a cultura que o
rodea. Pero el soporta todo para coidar á súa pequena neta. É unha historia
triste, contada cunha tenrura indescritible. Os personaxes atrapan ao lector
desde o primeiro momento. E o mellor de todo é a sorpresa que nos agarda no
desenlace da historia. Por suposto, teredes que ler o libro para descubrir ese
final sorprendente. Todo un acerto na nosa primeira escolla do curso!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario