viernes, 15 de noviembre de 2013

PRÓXIMA LECTURA: A PRAIA DOS AFOGADOS, DE DOMINGO VILLAR

A nosa seguinte lectura será A praia dos afogados, de Domingo Villar. Os nosos alumnos xa leran como lectura obrigatoria para Lingua e Literatura Galega a primeira novela deste escritor galego, Ollos de auga. E aproveitando que lles encantou, pareceumos unha boa idea ler a segunda entrega das aventuras do inspector de policía Leo Caldas e o seu axudante aragonés Rafael Estévez. Novela negra ao estilo galego.



COMENTAMOS LA NIETA DEL SEÑOR LINH, DE PHILIPPE CLAUDEL

O día 14 de novembro fixemos a posta en común da nosa primeira lectura do curso, que resultou todo un éxito. En La nieta del Señor Linh Philippe Claudel transpórtanos a un país do que non sabemos o nome, pero que podería ser calquera. Escapando dunha guerra, o señor Linh chega a un lugar estraño onde non entende nin a lingua nin a cultura que o rodea. Pero el soporta todo para coidar á súa pequena neta. É unha historia triste, contada cunha tenrura indescritible. Os personaxes atrapan ao lector desde o primeiro momento. E o mellor de todo é a sorpresa que nos agarda no desenlace da historia. Por suposto, teredes que ler o libro para descubrir ese final sorprendente. Todo un acerto na nosa primeira escolla do curso!!!





miércoles, 6 de noviembre de 2013

PRÓXIMA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA


O xoves, 14 de novembro, no período de lecer, faremos a reunión do club na biblioteca, para comentar o libro La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel.


martes, 5 de noviembre de 2013

COMEZA A FUNCIONAR O CLUB DE LECTURA NO CURSO 2013-14

O xoves 3 de outubro tivo lugar na biblioteca a primeira reunión do CLUB MENDEBIBLOS deste curso. Os novos membros do club cubriron a ficha de inscrición. A continuación decidimos cal ía ser a nosa primeira lectura do ano. O libro elixido é LA NIETA DEL SEÑOR LINH, de Philippe Claudel. Esperamos que teña éxito a nosa elección.







lunes, 4 de noviembre de 2013

BENVIDOS AO NOSO NOVO BLOG !!!

Ola a todos! Hai varios anos que puxemos en marcha no CPI José García García o Club de Lectura Mendebiblos. Cada ano contamos con máis participantes e máis apoio de todo o centro.

Para dar difusión ao noso club puxeramos en marcha un blog:


Este ano ao dar comezo a actividade do club decidimos cambiar o enderezo do noso blog. Así levaremos o blog da biblioteca e do club desde a mesma plataforma. Desde aquí e, de agora en diante, podedes seguir informados sobre as lecturas, reunións e actividades do Club Mendebiblos.

Seguiremos a dar novas interesantes relacionadas co mundo dos libros, recomendaremos lecturas e facilitaremos enlaces de páxinas web que poidan servos de utilidade.

Tamén agradeceremos as vosas suxestións sobre temas relacionados coa lectura. Para iso contamos cun apartado para facer suxestións neste blog.

Unha vez máis, esperamos contar coa vosa participación.